Biografía

Naceu en Monforte de Lemos, Licenciado en Periodismo pola Universidade Complutense. Traballou para boa parte dos xornais galegos, en radio (Radio Nacional e Ondas Galicia-SER), e foi guionista e director de programas de TVG e TVE. A maior parte da súa traxectoria profesional desempeñouna en TVE y en El País. Promotor de revistas como La Naval ou Bravú, agora e edita e dirixe con Manuel Rivas a revista mensual Luzes e a web www.luzes.gal. É articulista en medios como La Opinión de A Coruña, Público, Tinta Libre e CTXT e forma parte do Consello Editorial deste último medio. Foi decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia de 2008 a 2016.