Biografía

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de xornalismo dixital e community manager pola UNED, comezou a súa andaina profesional en 2009 na delegación de Faro de Vigo en Ourense, para, posteriormente, traballar en La Región e na Agencia EFE, ademais de participar en tertulias de actualidade en RNE ou sobre medio ambiente en La SER. Aterrou na comunicación dixital da man Digitaller e dende 2015 desenvolve traballos de redacción e edición na sección web de Faro de Vigo, tarefa que compaxinou durante o 2018 coa xestión da comunicación do Colexio Oficial de Enfermería de Ourense.