Biografía

Ángel Vila naceu en Mos en 1991. Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, ten un máster en Estudos Avanzados en Comunicación Política pola Universidade Complutense de Madrid, onde participou na posta en marcha da plataforma de comunicación política Politizen. Comezou a súa carreira profesional na edición dixital de Faro de Vigo, formando parte do equipo encargado de crear novas narrativas dixitais a través de vídeo. Unha das súas paixóns é o xornalismo local, que puido desenvolver na redacción da Radio Municipal de Tui. É o fundador e director de Metropolitano.gal onde traballa na actualidade para impulsar, fornecer e potenciar o xornalismo dixital na cidade de Vigo e a súa área metropolitana.