Biografía

Xornalista en tempos de crise e domadora de dragóns en mundos literarios. De 1987 a 1999 desempeñou labores de locutora e redactora nas emisoras de Radio Ourense (Cadena Ser), Radio Minuto Santiago (Ondas Galicia), Radio Popular Ourense (Cadena Cope), Voz de Galicia Radio e Onda Cero Ourense (Uniprex). No período 1994-1996, colaborou como redactora e fotógrafo en distintas delegacións dos xornais La Voz de Galicia e La Región. En 1998 recibiu Premio Xosé Aurelio Carracedo de Xornalismo  no apartado de "Medios Audiovisuais", pola produción e realización do programa A Fiestra, de Onda Cero Ourense. En 1999 incorporouse á plantilla de Faro de Vigo, desempeñando o labor de xornalista nas súas delegacións de Ourense, Pontevedra e dende 2002 a 2013 traballou en Cangas do Morrazo. Nos últimos anos, tras asumir a dirección dunha unha empresa do sector sanitario, colabora como xornalista con diversos medios de comunicación coa publicación de artigos de opinión e reportaxes (Diario de Pontevedra, revista Luzes...), ademais de participar en tertulias, impartir conferencias ou participar en eventos como as tres edicións do Networking "Coñocerse para comprenderse" organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Fundación Barrié. Asemade, Elena Gallego Abad conta cunha recoñecida traxectoria como escritora galega de ficción fantástica e narrativa.

www.elenagallego.gal