Biografía
Ana Bulnes (Gondomar, 1984). Licenciada en Xornalismo pola USC. Empezou a súa carreira no ámbito da comunicación e da edición web, pasando pola web da canle de televisión Cuatro e por unhas prácticas no departamento de Comunicación da Axencia Europea dos Dereitos Humanos en Viena. A raíz da crise de 2008, pasou ao lado do xornalismo como autónoma. Foi editora da parte en español da web Matador Network e cofundadora de do medio de tendencias en galego Disquecool. Ao longo destes anos, colaborou (nalgúns aínda colabora) en medios como El País, La Voz de Galicia, Archiletras, Yorokobu ou Divinity.es escribindo sobre estilos de vida, tecnoloxía, saúde, lingua, viaxes e cultura en xeral. É coautora das anotacións do libro Emma (especialmente anotada e prologada para o público xuvenil), de Jane Austen (Sushi Books, 2023).