Biografía
Belén Teiga (2000) medrou na cidade de Lugo. Graduada en Xornalismo pola USC, comezou a súa andaina na profesión en Radio Galicia Cadena Ser. Tras rematar a carreira, pasa a formar parte da delegación en Santiago de Europa Press. Dende maio de 2023 é redactora en El Correo Gallego, encargándose fundamentalmente das áreas de política e sanidade. Colabora en publicacións como Luzes e Vinte.