Biografía
Carolina Sertal Souto (Redondela, 1989). Licenciada en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en Faro de Vigo en 2010 coas primeiras prácticas, para continuar posteriormente na Voz de Galicia, SantiagoSiete e Diario de Pontevedra, até que en 2016 pasou a formar parte dun gabinete institucional. No ano 2019, regresou novamente á redacción nas delegacións de Faro e La Voz en Pontevedra, até que en 2021 rematou incorporándose á redacción central de Faro de Vigo, onde segue traballando na actualidade. En 2023 acadou o I Premio Mulleres que Opinan e, en 2024, a Mención de Honra nos Premios Somos Esenciais. Así mesmo, conta con varios galardóns literarios concedidos entre 2014 e 2020.