Biografía
Naceu en Ourense en 1980. Licenciada en Filoloxía Inglesa pola USC e Licenciada en Xornalismo pola Universidade Carlos III de Madrid. Cursou o Máster en edición xornalística de La Voz de Galicia e a Universidade de A Coruña. Conta co Certificado de Aptitude Pedagóxica que a habilita para exercer a docencia. A súa traxectoria nos medios comeza na Televisión de Galicia no ano 2005, onde fai as prácticas correspondentes ao máster, ao tempo que fai colaboracións en La Voz de Galicia. No 2008 marcha a Madrid e ingresa nunha axencia de comunicación e marketing online. Desde o 2009, centrou a súa carreira principalmente no sector audiovisual: radio e televisión. Traballou como redactora, guionista, reportelra, locutora e presentadora en medios como Popular Tv de Toledo (2009), Radio Vigo Cadena SER (2016), Televisión de Galicia (2016-2018), a través de distintas produtoras externas onde desempeñou funcións de redactora, guionista e reporteira en programas como A Vida é Vella, especiais de festas de verán, Vivan as tardes, Onde Caben Dous, Desmontando Galicia… Nos últimos anos, desde o 2018, desenvolveu a función de redactora e reporteira de maneira eventual na axencia Atlas (Lavinia Group), para Noticias Cuatro e Informativos Telecinco, e na produtora Liquidmedia para a delegación de Galicia de Antena 3 Noticias. Ademáis, ten creado contidos e xestionado redes sociais para distintas empresas, como Adolfo Domínguez, onde traballou como creative copywriter, creando contido creativo enfocado á comunicación, ó marketlng e á publicidade e ventas online. Desde o 2021 traballa como redactora fixa discontinua en Liquidmedia na delegación de Antena 3 en Galicia.