Biografía

Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Dirección de Comunicación Corporativa, Relacións Públicas, Protocolo e Eventos pola ESERP Business School e a European Communication School. Cursou un Programa Superior en Marketing Dixital e Ecommerce na Galicia Business School e un Business Program en Comunicación e Publicidade 360 º na Universidade Intercontinental da Empresa. Tras máis de doce años de experiencia en medios de comunicación como DXT Campeón, La Voz de Galicia, TeleCoruña, RadioVoz ou a Cadena COPE; especializouse no ámbito da comunicación corporativa. Despois dunha década realizando a súa labor profesional nas empresas Ideo Advisor e Atelier Gráfica Visual, en 2024 fundou a empresa Comunicando Consultoría de Comunicación. Nesta nova etapa profesional dirixe os proxectos de comunicación corporativa, marketing e organización de eventos que desenvolven o equipo de profesionais da compañía. Entre outras institucións e empresas, coordinan a comunicación do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, a Asociación Agraria de Galicia-ASAGA, Spedion España ou a Asociación dos Consellos Reguladores Vitivinícolas Gallegos e das II.XX. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.