Biografía
Licenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela en 2001. Fixo a especialidade de xornalismo electrónico en Finlandia (Universidade de Jyväskylä). Xefa de prensa e protocolo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desde 2012, gabinete ao que se incorporou en 2010 cunha bolsa do Colexio de Xornalistas. Antes foi redactora de tribunais en La Opinión A Coruña, traballou tamén en El Ideal Gallego e como responsable de comunicación externa en diferentes institucións públicas e privadas. Ten participado como docente en actividades da Universidade da Coruña, da Escola Galega de Administración Pública e en proxectos de apoio á maxistratura en Turquía e Marrocos.