Biografía

Pablo Lago naceu en Ortigueira (A Coruña) en 1959. Licenciouse en Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid en 1981. Logo de traballos variados de prácticas en pequenas redaccións na capital madrileña, en setembro de 1984 converteuse no primeiro director da emisora municipal Radio Fene, cargo que exerceu ata novembro de 1985. Nese mes, incorporouse a RNE onde, dende 2009, exerce como responsable da Unidade Informativa de RTVE en Pontevedra. Toda a sua carreira profesional está ligada a esta radio pública na que desempeñou distintas responsabilidades. Foi o primeiro Delegado de RNE en Vigo (1985-1988). Unha vez que se produciu a fusión entre RNE e RCE, incorporouse á emisora de Vigo onde foi Xefe de Informativos (1992-1995). En 1996 converteuse en director de RNE en Pontevedra onde estivo  ata o 2002, ano en que foi nomeado Xefe de Informativos de RNE Galicia, que desempeñou ata 2004. Logo desta estadía na Coruña incorporouse de novo á redacción da emisora de Pontevedra. Dende 2009 é responsable da Unidade Informativa de RTVE en Pontevedra. Conta no seu haber co premio nacional de xornalismo gastronómico “Álvaro Cunqueiro” no apartado de radio-television (2007).