Biografía

Rubén Rodríguez Vázquez naceu en Ourense en 1984 e licenciouse en xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou a súa traxectoria profesional na Radio Galega e na delegación galega de EFE Televisión. Co gallo dunha bolsa de formación, viviu en Cataluña, onde obtivo un mestrado en Comunicación e Crítica de Arte na Universidade de Girona, e traballou no departamento de comunicación do centro de arte contemporáneo Bòlit e da Fundación Caixa Girona, amais de promover festiváis de música e arte na cidade nunha etapa especialmente ligada ao eido cultural. Regresa a Galicia e forma parte do equipo de Economía Digital Galicia, onde traballa como xornalista especializado en economía e empresas dende 2014.