Ante a crecente saída de espazos en internet susceptibles de seren ou non considerados medios de comunicación, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere pór en marcha unha ferramenta que poida valer de referencia á cidadanía para poder distinguir entre o que é un espazo informativo e o que non o é. Igualmente, pretende darlle visibilidade a estes medios de cara a facilitarlles a súa identificación a efectos de acreditacións para determinados eventos ou acceso a subvencións públicas.
O CPXG traballará cos medios que formen parte deste rexistro para establecer un grupo de traballo que favoreza a súa posta en valor, así como apoiar o traballo que realizan neles os profesionais da información.
Ademais, entre as primeiras medidas, o Colexio de Xornalistas solicitaralle á Xunta de Galicia a inclusión dos medios que sexan recoñecidos co selo de Medio Dixital Galego na Guía da Comunicación que edita a administración autonómica. E, en calquera caso, o CPXG manterá na súa propia páxina web actualizado un rexistro cos medios que formen parte desta rede.
A solicitude de inscrición é voluntaria, pero supón unha referencia de garantía de información para a cidadanía. A aprobación da alta no rexistro vén precedida por un exame exhaustivo da páxina web, que ten que cumprir cos criterios e requisitos que se establecen nos seguintes apartados.
O ámbito de actuación será a comunidade autónoma de Galicia.
O Rexistro de Medios Dixitais Galegos creouse por acordo en reunión ordinaria da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Nesa reunión quedou constituída unha Comisión do Rexistro e un equipo de coordinación do proxecto.
O obxecto principal deste rexistro é avaliar os medios de comunicación dixitais e recoñecer o seu valor xornalístico.
Ao respecto dos requisitos que se deben cumprir, serán os seguintes:
O medio de comunicación dixital interesado deberá remitir a súa solicitude de selo a través do formulario dispoñible nesta mesma páxina web, cubrindo todos os campos necesarios. Ademais deberán quedar acreditados os requisitos establecidos anteriormente polo que se precisará:
Para calquera dúbida sobre a solicitude de inscrición en NRede, podes contactar co Colexio de Xornalistas no correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670.
Os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia que presenten a solicitude para a inclusión dun medio terán un desconto do 100%.
O CPXG estableceu, no resto dos casos, unha taxa fixada en 50 € anuais.
A comisión do Rexistro de Medios Dixitais Galegos estudará caso por caso as solicitudes recibidas e nun prazo máximo de 2 meses mandará a súa resolución á persoa remitente da solicitude. A devandita resolución quedará ratificada en reunión ordinaria da Xunta de Goberno.
No caso de resolución positiva, o medio quedará inscrito no Rexistro de Medios Dixitais Galegos no espazo establecido para tal fin dentro da web institucional do CPXG xornalistas.gal, onde aparecerán os seus datos. Igualmente, deberá colocar no lugar que determine dentro da súa portada o selo identificativo co número de rexistro enviado polo CPXG.
A comisión poderá pedir documentación complementaria, se así o considera, para tramitar ou denegar unha solicitude, que deberá de achegarse nos quince seguintes días de ter recibido o requirimento. No caso de non recibir resposta, a solicitude será descartada.
No caso de resolución negativa, abrirase un prazo de 1 mes para recorrer perante a Xunta de Goberno do Colexio, quen revisará o recurso na súa primeira xuntanza despois de presentado este. A continuación comunicarase á persoa solicitante a devandita conclusión, perante a cal non cabe recurso algún.
As altas tramitaranse a través do formulario dispoñible na páxina web do CPXG.
A baixa do Rexistro de Medios Dixitais Galegos poderase facer en calquera momento. O distintivo terá que ser retirado do espazo web do medio no momento en que a comisión dea notificación da recepción da solicitude.
As baixas tramitaranse a través do mail xornalistas@xornalistas.gal, indicando no asunto ‘Baixa Rexistro de Medios Dixitais Galegos’.
O rexistro terá unha duración bienal que se renovará tacitamente, salvo que a persoa solicitante o faga saber. A taxa cargarase (de ser o caso) na conta do medio rexistrado facilitada para tal fin.
A comisión do Rexistro de Medios poderá revogar o selo no caso de se detectar o incumprimento dalgunhas das condicións referidas neste documento ou no Código Deontóloxico do Xornalismo Galego do CPXG.
Número de rexistro: CG08824
Número de rexistro: DA36524
Número de rexistro: FE86823
Número de rexistro: GC45723
Número de rexistro: GP32523
Número de rexistro: GD93723
Número de rexistro: MD60123
Número de rexistro: PZ34623
Número de rexistro: RO72324
Número de rexistro: TD97423
Número de rexistro: XC96423
Número de rexistro: XV58323
Número de rexistro: LX94223
Número de rexistro: XM35123
Número de rexistro: XL42023
Número de rexistro: OT80424
Número de rexistro: EC48423
Número de rexistro: GC84023
Número de rexistro: AR63623
Número de rexistro: PV84223
O rexistro NRede do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia continúa a incluír novas cabeceiras interesadas en garantir o seu traballo xornalístico co selo de Medio Dixital Galego. Coas novas incorporacións de Campo Galego e Riazor.org, son xa unha vintena os medios acreditados. Os interesados seguen a poden solicitar a súa inscrición, gratuíta se a tramita unha persoa colexiada.
O rexistro NRede do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia continúa a incluír novos medios dixitais interesados en garantir o seu traballo xornalístico co selo de Medio Dixital Galego. Coa nova incorporación de El Diario de Arteixo, xa son dezanove as cabeceiras acreditadas coa certificación que garante que a súa información é froito dun traballo profesional. Os medios interesados seguen a poder solicitar a súa inscrición, gratuíta se a tramita unha persoa colexiada.
NRede, o rexistro posto en marcha polo Colexio de Xornalistas para garantir o traballo xornalístico das cabeceiras dixitais e facilitar o seu recoñecemento, chega xa aos dezaoito medios acreditados. Coas novas incorporacións de Ecos da Comarca, Ferrol360 e O Tinteiro xa están representadas todas as provincias e cidades galegas, ademais de distintas vilas. Os medios interesados seguen a poden solicitar a súa inscrición, gratuíta para colexiados e colexiadas.
Continúa aberta a admisión no rexistro NRede, posto en marcha polo Colexio de Xornalistas para garantir o traballo xornalístico das cabeceiras dixitais e facilitar a súa identificación, recoñecemento e acceso a acreditacións e axudas públicas. A inscrición, á que xa se sumaron quince medios dixitais galegos, é gratuíta para colexiados e colexiadas.
O rexistro NRede do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia continúa a incluír novas cabeceiras interesadas en garantir o seu traballo xornalístico co selo de Medio Dixital Galego. Coas novas incorporacións, son xa catorce os medios acreditados, e a inscrición continúa aberta para todos os dixitais interesados a través da páxina web do Colexio.
O selo de NRede, posto en marcha o mes pasado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia para pór en valor os medios dixitais galegos, comeza a identificar os espazos con contidos xornalísticos. Once cabeceiras galegas xa contan coa certificación que garante que a súa información é froito dun traballo profesional. Os medios interesados en ser incluídos no rexistro poden solicitar a súa inscrición a través da páxina web do Colexio.