Licenza
Imaxes, textos e vídeos
As imaxes, textos e vídeos publicados polo Colexio Profesional de Xornalistas nesta web son propiedade dos seus autores/as e están liberados con licenza CC-BY. Isto quere dicir que podes empregar estes contidos como queiras, sempre que indiques a súa autoría.
Quedan fóra desta licenza as actas e convocatorias do CPXG, que só poden ser consultadas polos membros do Colexio, e cuxo uso é totalmente privado, polo que non está permitida a súa difusión nin publicación fóra da área privada desta web.
Os contidos producidos polos usuarios da web tamén quedarán liberados coa licenza CC-BY, a menos que se indique expresamente o contrario.
A información, novas e imaxes que proveñen doutros medios de comunicación están suxeitos á licenza do medio de orixe.
Se houbese algunha licenza máis restrictiva indicarase de xeito explícito no propio contido.
A web
Esta web foi creada empregando software libre. O código está realizado cos frameworks de php y CSS phpCan e cSans, respectivamente, que están liberados con licenza GNU Affero 3.
En canto academos unha versión estable do código desta web, liberarase cunha licenza libre.