Guía de uso da sede electrónica da Xunta de Galicia

Neste espazo podes consultar os pasos necesarios para realizar as túas xestións na sede electrónica da Xunta de Galicia. Nel atoparás unha guía completa para realizar os teus procedementos coa administración galega e resolver as dúbidas que te poidan xurdir.

 

 

Que é?

 

O enderezo web sede.xunta.gal no que realizar as túas xestións online coa administración coa mesma validez e garantías que se o fixeras presencialmente nunha oficina da Xunta.

Non importa onde esteas, a hora ou o día que sexa, a sede electrónica da Xunta está aberta as 24 horas os 365 días ano para que fagas as túas xestións cando mellor che veña a ti.

 

Que servizos ofrece?

 

En sede.xunta.gal podes realizar máis de 1.200 xestións online. Solicita axudas, prestacións, inscríbete en convocatorias ou rexistros desde o teu dispositivo electrónico.   

Na Guía de procedementos e servizos da sede tes o listado de xestións dispoñibles por perfís, áreas (cultura, ensino, sanidade, etc), departamentos e por tipos (bolsas, cursos, taxas etc..)

Tamén podes presentar online calquera solicitude, escrito ou comunicación que non estean recollidos nesta Guía e descargar os certificados de familia numerosa e de discapacidade.

 

Como se usa?

 

Empregando o DNI electrónico, un certificado dixital, o Servizo Chave 365 da Xunta ou o sistema Cl@ve do Goberno de España.

Podes darte de alta en Chave 365 online, cun certificado dixital ou co DNI electrónico, ou de forma presencial, acreditando a túa identidade co DNI ou TIE, na rede de oficinas da Xunta que atoparás neste enderezo.

 

Como podo consultar o estado dos meus trámites?

 

Na  Carpeta Cidadá, a través do espazo “A miña sede”, un espazo de consulta individual da sede electrónica ao que só ti podes acceder. Aquí se topan os datos persoais que achegaches á Administración, os expedientes tramitados, apoderamentos inscritos no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia,  notificacións das resolucións e dos actos administrativos e as datas de alta e renovación do usuario e clave de Chave365.


Dúbidas

 

No apartado Axuda, da sede electrónica podes acceder a unha guía dos principais trámites e xestións da sede e como realizalos. 

 

Descarga aquí a guía completa

 

 

 

Espazo patrocinado