O último obradoiro aberto sobre tratamento da violencia de xénero impártese o sábado 17 de outubro na Coruña
O vindeiro sábado 17 de outubro, entre as 10:30 e as 13:30, vai celebrarse na Sala Multiusos do Centro Cívico CIdade Vella o último dos obradoiros abertos e gratuítos sobre tratamento informativo das violencias contra as mulleres, impartido por Fátima Frieiro, que ten aberta a inscrición en liña. Esta actividade é posíbel grazas ao convenio asinado coa Consellería de Politica Social e Igualdade da Xunta de Galicia, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o ano 2026, e está organizada dentro do proxecto do CPXG que xa levou esta formación ás redaccións dalgúns dos principais medios galegos, ademais de a dous obradoiros abertos para xornalistas en Vigo e Santiago nas pasadas semanas.