Os xornalistas reclaman ó goberno a convocatoria dunha mesa para analizar o impacto da crise nos medios de comunicación
Os xornalistas queremos manifestar a nosa profunda preocupación polo impacto da crise nos medios de comunicación. Consideramos que os despedimentos, regulacións de emprego e peche de medios alcanzan tales dimensións que, máis alá do problema laboral que representan, afectarán á calidade da información e á pluralidade de voces que precisa unha democracia.