O CPXG censura á Deputación de Ourense por non esixir a titulación universitaria na praza de xefe de prensa
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas (CPXG) rexeita de novo a convocatoria de prazas para gabinetes de comunicación, por parte de Administracións Públicas, que non esixen a titulación universitaria en xornalismo ou a súa colexiación nesta corporación de dereito público.