O Colexio de Xornalistas expresa a súa satisfacción pola sentenza que absolve a Anido e Irago
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere expresar publicamente a súa satisfacción pola sentenza da Audiencia Provincial de Madrid que absolve ao director da SER, Daniel Anido, e ao director de Informativos, o colexiado Rodolfo Irago, do delito de revelación de segredos e anula a resolución do xulgado do penal número 16 de Madrid.