O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia condena o atentado contra a vivenda de Roberto Blanco Valdés
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) expresa a súa repulsa pola atentado contra a vivenda de Roberto Blanco Valdés, non soamente pola condena que merece calquera acción violenta, senón polo que ten de intento inadmisible de tronzar a liberdade de opinión dunha persoa.