O CPXG lamenta a práctica desaparición da edición de Galicia de 'El País'
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vese na obriga de criticar a medida que a dirección de El País anunciou como "integrar as noticias locais nun periódico máis global, coherente", cando o certo é que supón a desaparición na práctica da edición de Galicia (e do resto dos suplementos que se editaban noutras comunidades autónomas, agás Madrid e Cataluña).