O Colexio de Xornalistas esixe ao Real Clube Deportivo da Coruña que non vete a ningún medio de comunicación
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) esixe ao Real Clube Deportivo da Coruña e, en concreto, ao presidente desta entidade, Augusto César Lendoiro, que non persista na súa teima de impedir o acceso dos xornalistas dos diferentes medios da Corporación Voz de Galicia ás súas comparecencias públicas e roldas de prensa.