A comunicación corporativa: Comunicar con estratexia
Do ao
Horario: 11, 13, 17 e 20 de novembro de 2025
Lugar: Plataforma de formación online do CPXG e Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia organiza, baixo o título A comunicación corporativa: Comunicar con estratexia, un programa arredor do fomento do emprego na comunicación empresarial, realizado coa subvención da Deputación da Coruña e a colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. O ciclo comezará cunha serie de seminarios online, nas mañás dos días 11, 13 e 17 de novembro, sobre aspectos como as estratexias de comunicación dixital, a comunicación corporativa ou o deseño dun plan de comunicación e complementarase cunha xornada presencial o 20 de novembro.
O programa iníciase o martes 11 de novembro ás 11:00 co seminario "Estratexias de comunicación dixital", a cargo da xornalista e consultora de comunicación dixital Bárbara G. Vilariño. O seminario estará presentado por Jorge Isla Rodriguez, director de Comunicando Consultoría de Comunicación e membro do Pleno Territorial do Colexio de Xornalistas.
O xoves 13 de novembro chegará o seminario "Comunicación corporativa", impartido ás 11:15 por Xosé Luis Reza, director de márketing de Iuni Strategic Marketers. Presenta a sesión José Sixto García, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
No ultimo seminario, o luns 17 de setembro ás 11:00, María Isabel Míguez González, directora do departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo, ensinará como se fai o ""Deseño dun plan de comunicación". Angela Casal Fernández, membro da Xunta de Goberno do Colexio, será a encargada de introducila.
Ademais, o auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (Avenida de Castelao, s/n) acollerá entre as 10:00 e as 14:00 do vindeiro 20 de novembro a xornada A comunicación corporativa: Comunicar con estratexia, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia coa subvención da Deputación da Coruña e a colaboración da Facultade.
A xornada vai comezar ás 10:00 da mañá coa presentación a cargo de Belén Regueira Leal, decana do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e Ana Isabel Rodríguez Vázquez, decana da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. A continuación, ás 10:15 realizarase a primeira mesa redonda, moderada por Lucía González Martínez, vicepresidenta da Asociación Galega de Márketing (Markea) e directora de márketing e Comunicación de PlaceIn, que tratará "A Comunicación Empresarial desde a perspectiva das axencias". No debate compartirán a súa experiencia as profesionais da comunicación Fátima Carmena Mayorga, directora da Axencia Nasas; Ángela Gómez Caruncho, directora de Galicia de Torres y Carrera; Marta Ferro Morado, directora xeral de Closet Comunicación: e Luisa Rodríguez Arca, directora rexional de Atrevia.
Tras unha pausa de media hora, o programa reanudarase ás 12:15 cunha nova mesa, nesta ocasión sobre "A Comunicación nas empresas", na que van participar Beatriz Díaz Lorenzo, directora de comunicación e imaxe corporativa do Grupo Zendal; Isaac González Toribio, director de comunicación e relacións institucionais de ABANCA; Consuelo Luces Cores, responsábel de Márketing e Comunicación de Altia; Alba Rodríguez Rodríguez, da área de comunicación e márketing de Daveiga; e Sara Torreiro Rodríguez, responsábel de márketing e RSC da Casa Grande de Xanceda. O debate estará moderado por Manuel Rey Pan, membro da Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas.
Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña
