Aprendamos a ler a información
Do ao
Lugar: Centro Penitenciario Pereiro de Aguiar. 32792 O Pereiro de Aguiar
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia pon en marcha no centro penitenciario de Pereiro de Aguiar Aprendamos a ler a información, un programa patrocinado pola Fundación "la Caixa" que pretende ser unha ferramenta de apoio á reinserción da poboación reclusa feminina a través de diálogos con xornalistas e escritores sobre a actualidade e a súa cobertura nos medios de comunicación.
Aprendamos a ler a información é unha experiencia na que escritores e xornalistas con obra publicada ou con colaboracións habituais nos medios de comunicación trasladarán á comunidade reclusa feminina conceptos básicos para entender a información, buscala nos medios adecuados e colocala nun contexto real socioeconómico, co obxectivo de servir de axuda á súa reinserción. Para iso, estabelecerase un diálogo coas reclusas no que poidan explorarse tanto as publicacións dos autores como a análise da información diaria cos seus diferentes enfoques.
No centro penitenciario de Pereiro de Aguiar, a prisión de referencia na provincia de Ourense, están privadas de liberdade un total de 287 persoas na actualidade, das que 21 son mulleres, que conviven nun módulo do recinto . O programa Aprendamos a ler a información, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinado pola Fundación "la Caixa", desenvolverase neste centro entre decembro de 2022 e marzo de 2023, coa participación de distintos xornalistas e escritores. O apoio da Fundación “la Caixa” ven dado pola súa inquedanza nos temas de índole social, tal e como recollen os seus obxectivos fundacionais, polo que este marco de colaboración co Colexio de Xornalistas atende á necesidade de dar oportunidades ás que persoas en risco de exclusión.