Begoña Caamaño: Poñer a voz
Do ao
Este ano, o Día das Letras Galegas dedícase á xornalista e colexiada Begoña Caamaño, unha homenaxe que pon en valor tamén o seu labor como profesional da comunicación. O Colexio de Xornalistas, coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, reivindica a súa figura como xornalista cun podcast de cinco episodios, dirixido por Lucía Junquera, e un encontro periodístico que se desenvolveu o sábado 25 de abril na Casa das Máquinas de Santiago.