IV Premios 'Somos Esenciais'

Do ao

O cuarto certame 'Somos Esenciais', convocado baixo o lema A información ao servizo da xente polo Colexio Profesional de Xornalistas, en colaboración con Gadis, recoñecerá o traballo xornalístico máis salientábel sobre temática social en Galicia no 2023. O premio está dotado con 1.500 euros e un diploma acreditativo. 

As candidaturas deben presentarse antes das 14.00 horas do martes 30 de abril a través do correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, e deberán estar acompañadas da ficha de inscrición, ademais do traballo en pdf, formato de imaxe ou arquivo de vídeo ou audio, segundo corresponda. De ser o caso, acompañarase tamén dunha ligazón para localizar o traballo na rede. Estabelécese un único premio de 1.500 euros, aínda que o xurado poderá facer as mencións especiais aos traballos que considere oportunos. 

O xurado estará composto por María Eimil Méndez, en representación de Gadisa; Francisco X. González Sarria, decano do CPXG; Darío Janeiro Pereira, secretario do CPXG; Belén Regueira Leal, vicedecana segunda do CPXG; Lucía Rodríguez Peña, voluntaria e membro da xunta directiva de Agareso, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social; Ana Isabel Rodriguez Vazquez, decana da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela; e Cristina de la Vega Jiménez, xefa de Comunicacións e Relacions Institucionais da Area Sanitaria A Coruña-Cee e representante da Asociación Nacional de Informadores de Saúde, ademais de Vanessa Casteleiro Martínez e Gemma Malvido Otero como gañadoras da pasada edición.

I Premio 'Somos esenciais'

Isabel Bravo, "Cando as preguntas aínda non tiñan resposta" (gañadora do I Premio 'Somos esenciais')  

Ángel Paniagua, "En la uci del covid-19: «No te vas a morir, por eso estás aquí»" (mención do I Premio 'Somos esenciais')

II Premio 'Somos esenciais'

Manuel Rey Pan, "O ano da pandemia" (gañador do II Premio 'Somos esenciais')  

Elena Martín, Pablo Santiago, Sofía Caamaño Deus e Ruben Martins, "Pechar a fronteira foi como pechar a fiestra da casa" (mención do II Premio 'Somos esenciais')

III Premio 'Somos esenciais'

Gemma Malvido e Vanessa Casteleiro, "Una tarde en Teixeiro: «¿Se porta bien?»", "Con ganas de salir adelante" e "Una mañana en Teixeiro: Deporte, trabajo, estudio y manualidades para volver a la calle" (gañadoras do III Premio 'Somos esenciais')

María de La Huerta, "Suicidio de mayores, un drama silenciado" (mención do III Premio 'Somos esenciais'