Obradoiros contra a desinformación en Lugo
Do ao
Lugar: Unha vintena de localidades da provincia de Lugo
Os obradoiros contra a desinformación, organizados polo Colexio de Xornalistas coa subvención da Deputación de Lugo, levarán a alfabetización mediática a vinte localidades de toda a provincia. Esta formación está deseñada para trasladar a poboación adulta coñecementos contra as mentiras e ferramentas para combatelas.
O contexto actual de proliferación de noticias falsas está a danar profundamente non só ao xornalismo, que se enfronta a unha crise sen precedentes, senón tamén a propia calidade democrática da nosa sociedade. Sen ferramentas para poder defendérmonos, ninguén está libre de ser vítima ou propagador da desinformación. É por iso que o Colexio de Xornalistas, na súa defensa da profesión, quere combater esta situación fornecendo a sociedade galega de coñecementos contra as mentiras e ferramentas para combatelas. O proxecto significa a adaptación a poboación adulta dunha iniciativa formativa que o Colexio leva realizando durante anos con gran éxito entre as e os escolares da comunidade.
Os obradoiros contra a desinformación chegarán aos concellos de Barreiros, Burela, Castroverde, Castro de Rei, Chantada, Cervantes, A Fonsagrada, Foz, Friol, Guitiriz, Lugo, Monforte de Lemos, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Sarria, Taboada, Trabada, Vilalba e Viveiro.
Todos os obradoiros estarán impartidos por profesionais colexiados e colexiadas, que recibiron formación específica en alfabetización mediática. En concreto, as e os formadores serán María del Carmen Abuín González, Elena Martín Lores, Maria Selina Otero Verdes, Carmen Quintela Babío, Miguel Rodríguez Fernández, María del Pilar Rodríguez Losada e Marga Tojo González.
Actividade organizada coa subvención da:
