Premio 'Somos esenciais' 2020

Do ao

O certame 'Somos Esenciais', creado polo Colexio Profesional de Xornalistas en colaboración con Gadis, recoñecerá o traballo xornalístico máis salientábel sobre a Covid-19 en Galicia no 2020. O premio está dotado con 1.500 euros e un diploma acreditativo. 

As candidaturas deben presentarse antes das 14.00 horas do martes 13 de abril a través do correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, e deberán estar acompañadas da ficha de inscrición, ademais do traballo en pdf, formato de imaxe ou arquivo de vídeo ou audio, segundo corresponda. De ser o caso, acompañarase tamén dunha ligazón para localizar o traballo na rede. Estabelécese un único premio de 1.500 euros, aínda que o xurado poderá facer as mencións especiais aos traballos que considere oportunos. 

O xurado estará composto por Francisco X. González Sarria, decano do CPXG; Darío Janeiro Pereira, secretario do CPXG; Xosé Ramón Pousa Estévez, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela; Belén Regueira Leal, vicedecana segunda do CPXG, Iria Rodríguez Martínez, responsábel de Relacións Públicas e Responsabilidade Social Corporativa do Grupo Gadisa; Pablo Santiago Martínez, membro da Xunta Directiva de AGARESO; e Cristina de la Vega Jiménez, xefa de Comunicacions e Relacions Institucionais da Area Sanitaria A Coruña-Cee e representante da Asociación Nacional de Informadores de Saúde.