Premio 'Somos esenciais' 2021

Do ao

O certame 'Somos Esenciais', creado polo Colexio Profesional de Xornalistas en colaboración con Gadis, recoñecerá o traballo xornalístico máis salientábel sobre a Covid-19 en Galicia no 2021. O premio está dotado con 1.500 euros e un diploma acreditativo. 

As candidaturas deben presentarse antes das 14.00 horas do luns 20 de xuño a través do correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, e deberán estar acompañadas da ficha de inscrición, ademais do traballo en pdf, formato de imaxe ou arquivo de vídeo ou audio, segundo corresponda. De ser o caso, acompañarase tamén dunha ligazón para localizar o traballo na rede. Estabelécese un único premio de 1.500 euros, aínda que o xurado poderá facer as mencións especiais aos traballos que considere oportunos. 

O xurado estará composto por Isabel Bravo Francos, xornalista gañadora da pasada edición do Premio ‘Somos Esenciais'  Antía González Paredes, membro do Departamento de Comunicación de Gadisa; Francisco X. González Sarria, decano do CPXG; Darío Janeiro Pereira, secretario do CPXG; Ana Isabel Rodríguez Vázquez, decana da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela; Belén Regueira Leal, vicedecana segunda do CPXG, Lucía Rodríguez Peña, voluntaria e membro da xunta directiva de Agareso, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social; e Cristina de la Vega Jiménez, xefa de Comunicacions e Relacions Institucionais da Area Sanitaria A Coruña-Cee e representante da Asociación Nacional de Informadores de Saúde. 

Premio 'Somos esenciais' 2020

Isabel Bravo, "Cando as preguntas aínda non tiñan resposta" (gañadora do Premio 'Somos esenciais' 2020)  

Angel Paniagua, "En la uci del covid-19: «No te vas a morir, por eso estás aquí»" (mención do Premio 'Somos esenciais' 2020)