V Premio 'Somos Esenciais'

Do ao

O quinto certame 'Somos Esenciais', convocado baixo o lema A información ao servizo da xente polo Colexio Profesional de Xornalistas, en colaboración con Gadis, recoñecerá o traballo xornalístico máis salientábel sobre temática social en Galicia no 2024. O premio está dotado con 2.000 euros e un diploma acreditativo. 

As candidaturas deben presentarse antes das 14.00 horas do venres 30 de maio a través do correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, e deberán estar acompañadas da ficha de inscrición, ademais do traballo en pdf, formato de imaxe ou arquivo de vídeo ou audio, segundo corresponda. De ser o caso, acompañarase tamén dunha ligazón para localizar o traballo na rede. Estabelécese un único premio, que este ano se eleva até os 2.000 euros, aínda que o xurado poderá facer tamén as mencións especiais aos traballos que considere oportunos. 

O xurado estará composto por Belén Regueira Leal, decana do CPXG; Francisco X. González Sarria, vicedecano 3º do CPXG; Darío Janeiro Pereira, secretario do CPXG; Ana Isabel Rodriguez Vazquez, decana da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela; Fátima Carmena Mayorga, en representación de Gadisa; Lara Dopazo Ruibal, vogal da Xunta Directiva de Agareso, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social; e Cristina de la Vega Jiménez, xefa de Comunicacións e Relacions Institucionais da Area Sanitaria A Coruña-Cee e delegada da Asociación Nacional de Informadores de Saúde; ademais de Alba Chao Vázquez, como gañadora da pasada edición do Premio 'Somos Esenciais'.

 

Isabel Bravo, "Cando as preguntas aínda non tiñan resposta" (gañadora do I Premio 'Somos esenciais')  

Ángel Paniagua, "En la uci del covid-19: «No te vas a morir, por eso estás aquí»" (mención do I Premio 'Somos esenciais')

II Premio 'Somos esenciais'

Manuel Rey Pan, "O ano da pandemia" (gañador do II Premio 'Somos esenciais')  

Elena Martín, Pablo Santiago, Sofía Caamaño Deus e Ruben Martins, "Pechar a fronteira foi como pechar a fiestra da casa" (mención do II Premio 'Somos esenciais')

III Premio 'Somos esenciais'

Gemma Malvido e Vanessa Casteleiro, "Una tarde en Teixeiro: «¿Se porta bien?»", "Con ganas de salir adelante" e "Una mañana en Teixeiro: Deporte, trabajo, estudio y manualidades para volver a la calle" (gañadoras do III Premio 'Somos esenciais')

María de La Huerta, "Suicidio de mayores, un drama silenciado" (mención do III Premio 'Somos esenciais')

IV Premio 'Somos esenciais'

Alba Chao Vázquez,  "Pornografía en la red, la mayor escuela de desigualdad y misoginia" (gañadora do IV Premio 'Somos esenciais')

Carolina Sertal Souto, Bebés roubados, entre o silencio e a impunidade" (mención do IV Premio 'Somos esenciais')