VI Premio 'Somos Esenciais'

Do ao

O sexto certame 'Somos Esenciais', convocado baixo o lema A información ao servizo da xente polo Colexio Profesional de Xornalistas, en colaboración con Gadis, recoñecerá o traballo xornalístico máis salientábel sobre temática social en Galicia no 2025. O premio está dotado con 2.000 euros e un diploma acreditativo. 

As candidaturas deben presentarse antes das 14.00 horas do luns 1 de xuño a través do correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, e deberán estar acompañadas da ficha de inscrición, ademais do traballo en pdf, formato de imaxe ou arquivo de vídeo ou audio, segundo corresponda. De ser o caso, acompañarase tamén dunha ligazón para localizar o traballo na rede. Estabelécese un único premio de 2.000 euros, aínda que o xurado poderá facer tamén as mencións especiais aos traballos que considere oportunos. 

O xurado estará composto por Belén Regueira Leal, decana do CPXG; Francisco X. González Sarria, vicedecano 3º do CPXG; Darío Janeiro Pereira, secretario do CPXG; Ana Isabel Rodriguez Vazquez, decana da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela; María Eimil Méndez, membro do Departamento de Comunicación de Gadisa; e Cristina de la Vega Jiménez, xefa de Comunicacións e Relacions Institucionais da Area Sanitaria A Coruña-Cee e delegada da Asociación Nacional de Informadores de Saúde; ademais de Lara Graña Prieto, como gañadora da pasada edición do Premio 'Somos Esenciais'.

 

Isabel Bravo, "Cando as preguntas aínda non tiñan resposta" (gañadora do I Premio 'Somos esenciais')  

Ángel Paniagua, "En la uci del covid-19: «No te vas a morir, por eso estás aquí»" (mención do I Premio 'Somos esenciais')

II Premio 'Somos esenciais'

Manuel Rey Pan, "O ano da pandemia" (gañador do II Premio 'Somos esenciais')  

Elena Martín, Pablo Santiago, Sofía Caamaño Deus e Ruben Martins, "Pechar a fronteira foi como pechar a fiestra da casa" (mención do II Premio 'Somos esenciais')

III Premio 'Somos esenciais'

Gemma Malvido e Vanessa Casteleiro, "Una tarde en Teixeiro: «¿Se porta bien?»", "Con ganas de salir adelante" e "Una mañana en Teixeiro: Deporte, trabajo, estudio y manualidades para volver a la calle" (gañadoras do III Premio 'Somos esenciais')

María de La Huerta, "Suicidio de mayores, un drama silenciado" (mención do III Premio 'Somos esenciais')

IV Premio 'Somos esenciais'

Alba Chao Vázquez,  "Pornografía en la red, la mayor escuela de desigualdad y misoginia" (gañadora do IV Premio 'Somos esenciais')

Carolina Sertal Souto, Bebés roubados, entre o silencio e a impunidade" (mención do IV Premio 'Somos esenciais')

V Premio 'Somos esenciais'

Lara Graña, ""García del Cid", el buque de luto y cólera" (gañadora do V Premio 'Somos esenciais')

Ángel Paniagua, "La vida tras el suicidio de una hija: "Esto le puede pasar a cualquiera"" (mención do V Premio 'Somos esenciais')