XI Edición da Bolsa 'Nacho Mirás' para xornalistas
Do ao
A nova edición da bolsa 'Nacho Mirás', organizada e desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, continúa co obxectivo de apoiar proxectos xornalísticos, abríndose a toda a profesión. O proxecto conta tamén coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
Poderán concorrer a esta convocatoria xornalistas titulados, estudantes de último ano e/ou colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, con proxectos profesionais orixinais novos ou iniciados como máximo un ano antes desta convocatoria. As propostas poden ser de traballos xornalísticos de calquera xénero, iniciativas para un novo medio ou proxectos que teñan como finalidade a información e a comunicación, e tamén poderán presentarse proxectos xurdidos de Traballos de Fin de Grao ou Fin de Máster. A bolsa ten unha dotación de 6.000 euros, que poderá ser dividida se o xurado así o considera.
As persoas interesadas deben enviar por correo electrónico a xornalistas@xornalistas.gal a documentación que se especifica nas bases da convocatoria. Valoraranse todas aquelas características que o xurado considere que poidan destacar para un proxecto xornalístico, tendo en conta tamén a orixinalidade, que poida supor unha solución profesional e teña viabilidade futuro, a calidade do proxecto, o seu impacto social, que se materialice en galego e pertencer ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Ademais, terase en conta de maneira especial aqueles proxectos presentados por estudantes de xornalismo e comunicación audiovisual no seu último ano de grao e os proxectos presentados por xornalistas licenciados nos últimos cinco anos.
O xurado que avaliará os traballos presentados estará formado por tres membros da Xunta de Goberno do CPXG, un dos cales exercerá como secretario/a, unha persoa representante de Abanca, unha representante da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e dous ou tres xornalistas en activo. O fallo do xurado darase a coñecer nas semanas seguintes á data límite de recepción de propostas.
A bolsa leva o nome do xornalista, colexiado do CPXG e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Nacho Mirás, que sempre defendeu a valía dos xornalistas noveis, o espírito de facerse valer, de formase o máximo posible e defender así o posto de informador, de xornalista. Esta bolsa pretende ser un pequeno empuxe para eles e elas, para que atopen o seu camiño profesional.
Primeira edición da Bolsa 'Nacho Mirás' para novos titulados.
MediaMapa.Gal, proxecto gañador da primeira edición.
Punto e volta, proxecto gañador da primeira edición.
Segunda edición da Bolsa 'Nacho Mirás' para novos titulados.
Feira, proxecto gañador da segunda edición.
Terceira edición da Bolsa 'Nacho Mirás' para novos titulados.
Pícaros.gal, proxecto gañador da terceira edición.
Cuarta edición da Bolsa 'Nacho Mirás' para novos titulados
Entrelinguas, proxecto gañador da cuarta edición
Quinta edición da Bolsa 'Nacho Mirás' para novos titulados
éDeporte, proxecto gañador da quinta edición
Sexta edición da Bolsa 'Nacho Mirás' para xornalistas noveis
A Cousa, proxecto gañador da sexta edición
Zoom na Bagatela, proxecto gañador da sexta edición
Sétima edición da Bolsa 'Nacho Mirás' para xornalistas noveis
Notas á marxe, proxecto gañador da sétima edición
Oitava edición da Bolsa 'Nacho Mirás' para xornalistas noveis
Quen son elas?, proxecto gañador da oitava edición
Novena edición da Bolsa 'Nacho Mirás' para xornalistas noveis
A Vozes, cultura zeta, proxecto gañador da novena edición
(Des)facendo Galicia, proxecto gañador da novena edición
Décima edición da Bolsa 'Nacho Mirás' para xornalistas noveis
Trescentostrece, proxecto gañador da décima edición