Xornalismo na Escola "la Caixa"
Do ao
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social 'la Caixa' poñen en marcha a quinta edición da iniciativa Xornalismo na Escola "la Caixa", na que profesionais en paro impartirán xornadas didácticas sobre comunicación a alumnos de 3º e 4º da ESO en Institutos de Ensino Secundario de toda a xeografía galega.
Nestas xornadas impartiranse nun total de 90 obradoiros para escolares de 3º e 4º da E.S.O, distribuidos entre I.E.S de toda a comunidade. O obxectivo de Xornalismo na Escola "la Caixa" é introducir ao alumnado no mundo dos medios de comunicación, cada vez máis importante hoxe en día.
Os talleres estarán impartidos por colexiados ou colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que se atopen en paro, téndose en conta a condición de parado de longa duración, o coñecemento de galego e a experiencia profesional e en docencia, sen prexuízo de valorar outras cuestións de interese. Cada un dos seis xornalistas seleccionados impartirá o taller a 15 grupos diferentes de alumnos, cunha duración hora e media cada un.
Este proxecto é posible á colaboración da Obra Social 'la Caixa', quen leva realizando dende hai anos este mesmo proxecto en Cataluña, Madrid e Sevilla.
Primeira edición de Xornalismo na Escola "la Caixa"
Segunda edición de Xornalismo na Escola "la Caixa"