"A Coruña en portada"

Do ao

Horario: Do xoves 16 de setembro ao luns 18 de outubro

Lugar: Explanada da Mariña. 15006 A Coruña

La Opinión A Coruña celebra o seu vixésimo aniversario cunha exposición na explanada da Mariña fronte a Palexco na Coruña, na que se fai un percorrido polos acontecementos máis importantes do século XXI a través das capas do xornal. 

A mostra reúne máis de 150 primeiras páxinas deste diario desde os seus inicios, en outubro de 2000, ata este verán. Fitos da cidade e a comarca, sucesos que marcaron estas décadas, éxitos deportivos ou substitucións políticas protagonizan a exposición, na que o visitante poderá lembrar desde o centenariazo do Deportivo e a cuarta maioría absoluta de Manuel Fraga ao accidente do Alvia, o naufraxio do Prestige, a chegada da primeira muller á Alcaldía, a declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade ou como a cidadanía saíu á rúa este xullo para condenar o asasinato de Samuel Luiz.

A exposición poderá visitarse até o vindeiro 18 de outubro.