"Bota a lingua a pacer” polo Día dos Medios en Galego 2022

Do ao

Horario: Sábado 5 de febreiro a partir das 11:30 horas

Lugar: Rúa Nova, 34. 15705 Santiago de Compostela

Información de contacto:

mediosengalego@gmail.com

A Asociación de Medios en Galego organiza, coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, o Día dos Medios en Galego 2022, unha celebración que lembra a saída da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d’A Portela, en 1876.

Este ano o Dia dos Medios en Galego celébrase baixo o lema “Bota a lingua a pacer” e faino cun Roteiro por Santiago de Compostela, vinculado coa lingua galega, que se desenvolverá o sábado 5 de febreiro, con saída ás 11:30h da Rúa Nova, 34. Durante o roteiro, que estará acompañado polo pasarrúas de Xulio Maside co cuarteto da Asociación Cultural Pana Raiada, iranse realizando paradas en lugares simbólicos na loita polo mantemento do idioma.

Recoméndase ás persoas interesadas inscribirse no correo electrónico mediosengalego@gmail.com.

Máis información na web da Asociación de Medios en Galego.