"Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas"

Do ao

Horario: Do 6 de abril ao 6 de maio, das 8:30 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas de luns a venres e das 10:00 ás 14:00 os sábados

Lugar: Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela. Avenida de Xoán XXIII, s/n. 15704 Santiago de Compostela

A Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia organiza a exposición "Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas", que recoñece o papel das precursoras galegas da comunicación na loita pola igualdade entre mulleres e homes. A mostra estará aberta do martes 6 de abril ao xoves 6 de maio na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela (Avenida de Xoán XXIII, s/n).

A mostra repasa a traxectoria de Sofía Casanova, Concha Castroviejo, Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato Muruais, María Luz Morais, Mercedes Vieito Bouza, Pura Vázquez Igrexas, Concepción Arenal, Clara Curral Aller, Virginia Felicia Auber, María Vinyals e Avelina Valladares Núñez.

A exposición estará aberta no horario da biblioteca, das 8:30 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas de luns a venres e das 10:00 ás 14:00 os sábados, e o acceso é gratuíto.