"Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas"

Do ao

Horario: Do 2 ao 29 de setembro de 10:00 a 20:00 horas de luns a venres

Lugar: Sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta. Ronda da Muralla, 70, 27003 Lugo

O xoves 2 de setembro inaugurase na sala de exposicións da delegación territorial da Xunta en Lugo a exposición "Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas", organizada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, que recoñece o papel das precursoras galegas da comunicación na loita pola igualdade entre mulleres e homes. A mostra estará aberta até o mércores 29 de setembro.

A mostra repasa a traxectoria de Sofía Casanova, Concha Castroviejo, Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato Muruais, María Luz Morais, Mercedes Vieito Bouza, Pura Vázquez Igrexas, Concepción Arenal, Clara Curral Aller, Virginia Felicia Auber, María Vinyals e Avelina Valladares Núñez.

A exposición estará aberta de 10:00 a 20:00 horas de luns a venres, e o acceso é gratuíto.