'Focus group' sobre migración e medios de comunicación
Do ao
Horario: Mércores 20 de setembro ás 11:00 horas
Lugar: Online
Información de contacto:

A ONG Diversidades Acolle convoca a todos os e as xornalistas de Galicia a participar nun focus group sobre migración e medios de comunicación, que terá lugar o vindeiro mércores 20 de setembro ás 11:00 horas, de maneira online. Trátase dunha iniciativa enmarcada dentro do proxecto Inmigracionalismo, que coordina a ONG Red Acoge e que se realiza de maneira paralela en distintos puntos de España.
Inmigracionalismo lleva moitos anos monitorizando o tratamento mediático da migración, e esta análise permíteos comprender como evoluciona o discurso público respecto a esta realidade. Neste encontro quérese recompilar tanto experiencias profesionais como puntos de vista, polo que poden participar xornalistas de calquera ámbito e con diversa traxectoria.
O encontro estará moderado polo xornalista Alfre Teja, quen está a cargo do proxecto en Galicia. Para sumarse, só é preciso encher o formulario online. Como mostra de agradecemento, Diversidades mostrará no informe resultado da investigación o nome das persoas colaboradoras.