#Mudandooconto contra o antixitanismo de xénero

Do ao

Horario: Venres 28 de xuño a partir das 19.00 horas e sábado 29 de xuño a partir das 20.00 horas

Lugar: Libraría de Mulleres Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) e Teatro Principal (Rúa Nova, 21). Santiago de Compostela

Agareso, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, organiza os próximos venres 28 e sábado 29 en Santiago de Compostela dúas actividades culturais que procuran a loita contra os discursos do odio dirixidos ás mulleres xitanas, no marco do proxecto “Muda o conto: Mocidade contra o discurso do odio en redes sociais”,financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia..

En concreto, o 28 de xuño a partir das 19.00 horas, a Libraría de Mulleres Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) recibe as integrantes do podcast de voluntariado levado a cabo por Agareso Castañas no verán, que serán as encargadas de moderar unha tertulia entre as activistas e escritoras Pastora Filigrana e Lola Cabrillana arredor das novas formas de contar a comunidade xitana.

O sábado 29 de xuño o Teatro Principal (Rúa Nova, 21) acolle ás 20.00 horas, grazas ao apoio da Concellería de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, a obra No soy tu gitana de Teatro del Barrio, protagonizada por Silvia Agüero, activista e escritora. A entrada é de balde pero será necesario adquirila na billetería, que estará aberta desde unha hora antes do evento. 

Máis información aquí