38º Premio Boehringer Ingelheim ao Xornalismo e Divulgación en Saúde
Boehringer Ingelheim abre a convocatoria á 38ª edición dos seus premios ao Xornalismo e Divulgación en Saúde, que promoven e recoñecen o labor de xornalistas e medios de comunicación pola súa contribución á divulgación e achegamento á opinión pública dos avances no ámbito da saúde.
O premio consta de tres categorías: Premio ao xornalismo e á divulgación en Saúde Humana, Premio ao xornalismo e á divulgación en Saúde Animal, Premio ao xornalismo e á divulgación en Saúde Ambiental e Premio á Mellor Canle Divulgadora en Saúde nas Redes Sociais, cada unha delas dotada con 5.000 euros para a candidatura premiada e 500 para as dúas finalistas.
A presentación das candidaturas farase a través do formulario aloxado na páxina web dos premios até o 22 de xuño de 2025.
Máis información nas bases do premio.