39º Premio Boehringer Ingelheim ao Xornalismo e Divulgación en Saúde
Boehringer Ingelheim abre a convocatoria á 39ª edición dos seus premios ao Xornalismo e Divulgación en Saúde, que promoven e recoñecen o labor de xornalistas e medios de comunicación pola súa contribución á divulgación e achegamento á opinión pública dos avances no ámbito da saúde.
O premio consta de catro categorías: Premio ao xornalismo e á divulgación en Saúde Humana, Premio ao xornalismo e á divulgación en Saúde Animal, Premio ao xornalismo e á divulgación en Innovación e Transformación Dixital en Saúde e Premio á Mellor Canle Divulgadora en Saúde nas Redes Sociais, cada unha delas dotada con 5.000 euros para a candidatura premiada e 500 para as dúas finalistas. Esta edición tamén estabelece un Premio Recoñecemento Especial á traxectoria en xornalismo e divulgación en saúde, para recoñecer profesionais con 20 anos de experiencia na achega dos avances médicos e científicos á sociedade.
A presentación das candidaturas farase a través do formulario aloxado na páxina web dos premios até o 30 de setembro de 2026.
Máis información na web do premio.