"40 anos de Autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro"

Do ao

Horario: Do 10 de setembro ao 15 de novembro, de 09,00 a 14,00 e de 16,00 a 18,00 horas.

Lugar: Parlamento de Galicia. Pazo do Hórreo. Rúa do Hórreo, 63, 15702 Santiago de Compostela

O Parlamento de Galicia acolle a exposición '40 anos de Autonomía de Galicia  nas caricaturas de Siro', composta por unha selección dos 1.577 orixinais doados polo autor á Cámara galega e datados entre 1985 e 2006. A mostra poderá visitarse até o 15 de novembro. 

As caricaturas que conforman a colección doada por Siro López ao Parlamento foron publicadas no xornal La Voz de Galicia. Adicionalmente, a mostra incorpora unha decena de traballos inéditos para contextualizar a selección dunha mostra que está comisariada polo xornalista Aser Álvarez.

A exposición pode visitarse sen cita previa en horario de 09,00 a 14,00 e de 16,00 a 18,00 h. A partir do mes de novembro, a mostra terá carácter itinerante polo territorio galego.