40 anos do Carrabouxo

Do ao

Horario: De luns a venres das 09.00 ás 14.30 e das 17.00 ás 19.30 horas.

Lugar: Primeiro andar do Pazo Provincial de Ourense. Rúa do Progreso, 32. 32003 Ourense.

A Deputación de Ourense celebra as catro décadas da publicación da primeira viñeta do Carrabouxo, que Xosé Lois González publica de xeito diario no xornal La Región desde o 10 de novembro de 1982, coa mostra 40 anos do Carrabouxo, que poderá visitarse até finais de xaneiro no primeiro andar do Pazo Provincial de Ourense (Rúa do Progreso, 32). A mostra está aberta ao público das 09.00 ás 14.30 e das 17.00 ás 19.30 horas, de luns a venres..

Protagonizando máis de 14.500 viñetas, o Carrabouxo, coa súa a característica figura alta e delgada e a súa afección ao viño e o tabaco, erixiuse como observador experto da sociedade ourensá, acompañou diariamente a varias xeracións de galegas e galegos e achegando con humor e crítica a súa particular visión da actualidade. A mostra percorre as catro décadas a través dunha viñeta seleccionada polo autor por cada un dos anos publicados, desde 1982 ata este 2022, ademais doutros aspectos da produción plástica de Xosé Lois González.

Máis información aquí.