IA nos medios de servizo público: Aplicacións, desafíos e a ferramenta Valuebot

Do ao

Horario: Luns 17 de novembro de 2025 das 11:30 ás 13:30 horas

O grupo de investigación Novos Medios, coa colaboración do Colexio de Xornalistas, organiza a xornada de transferencia online Intelixencia artificial nos medios de servizo público: Aplicacións, desafíos e a ferramenta Valuebot, que estará impartida polos profesores Sara Pérez-Seijo e Martín Vaz Álvarez. A actividade vai ter lugar o luns 17 de novembro en horario das 11:30 ás 13:30 horas.

Esta iniciativa desenvólvese como a cuarta xornada de transferencia no marco das actividades do proxecto “Creación dunha plataforma xeradora de chatbots mediante IA para a comunicación do valor público do PSM. VALUEbot”, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, a Axencia Estatal de Investigación e a Unión Europea.

Os profesores da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela Sara Pérez-Seijo e Martín Vaz Álvarez, ambos os dous expertos en intelixencia artificial aplicada aos medios, afondarán na sesión na implementación desta tecnoloxía nos medios de servizo público, así como presentarán a ferramenta VALUEbot.

A actividade é gratuíta e aberta a todas e todos os profesionais interesados. Para asistir á xornada é preciso inscribirse a través desta ligazón