43º Premios de Xornalismo do Colegio Oficial de la Psicología de Madrid
Do ao
Información de contacto:
Colegio Oficial de Psicólogos de Madrid
Cuesta de San Vicente, 4, 4ª planta.
28008 Madrid
dpdcopm@cop.es
O Colegio Oficial de la Psicología de Madrid convocou a 43ª edición do Premio de Xornalismo. Ao galardón poden concorrer os xornalistas que cos seus traballos contribúan de forma significativa a mostrar á sociedade a importancia da intervención psicolóxica, a súa importante función social e os beneficios sobre a sociedade.
Estabelécense dos premios: o Premio Colegio Oficial de Psicología de Madrid adxudicaráselle a aquel traballo ou traballos que máis contribúan á divulgación da psicoloxía na sociedade, a través dos medios de comunicación (con categorías para profesionais do xornalismo e profesionais da psicoloxía, cada unha delas dotada con 4.000 euros); e o Premio de Comunicación, recoñecido con 2.000 euros, ao conxunto de traballos ou colaboracións que sexan publicados ou emitidos dunha forma asidua e continua ao longo do ano nos medios de comunicación. Ademais, adxudicarase un premio sen dotación económica denominado: Mención Especial ao Mellor Labor de Divulgación da Psicoloxía, que recoñecerá ao medio de comunicación, xornalista, programa de televisión, espazo radiofónico ou artigo de prensa que divulgue os valores e coñecementos que achegan á sociedade tanto a Psicoloxía como os seus profesionais.
Os trabajos deberán ter sido difundidos en calquier medio de comunicación do Estado español ao longo de 2024.
Os traballos poderán ser presentados fisicamente na sede do Colegio Oficial de Psicólogos de Madrid (Cuesta de San Vicente, 4, 4ª planta. 28008 Madrid) o por correo electrónico a premioperiodismo@cop.es antes do 28 de febreiro de 2025. Máis información nas bases do premio.