44º Premios de Xornalismo e Comunicación do Colegio Oficial de la Psicología de Madrid

Do ao

Información de contacto:

Colegio Oficial de Psicólogos de Madrid
Cuesta de San Vicente, 4,  4ª planta.
28008 Madrid
dpdcopm@cop.es

O Colegio Oficial de la Psicología de Madrid convocou a 44ª edición do Premio de Xornalismo e Comunicación. Ao galardón poden concorrer os xornalistas que cos seus traballos contribúan de forma significativa a mostrar á sociedade a importancia da intervención psicolóxica, a súa importante función social e os beneficios sobre a sociedade.

Estabelécense tres premios: o Premio Colegio Oficial de la Psicología de Madrid de Xornalismo e Comunicación para profesionais do Xornalismo, que adxudicará 4.000 euros a aquel traballo ou traballos da autoría de xornalistas que máis contribúan á divulgación da psicoloxía na sociedade a través dos medios de comunicación; o Premio Colegio Oficial de la Psicología de Madrid de Comunicación e Divulgación para profesionais da Psicoloxía colegiados, tamén para traballos nos medios, pero realizados por profesionais da psicoloxía, dotado con outros 4.000 euros; e o Premio de Comunicación, que recoñece con 2.000 euros o conxunto de traballos ou colaboracións publicados ou emitidos dunha forma asidua e continua ao longo do ano nos medios de comunicación. Ademais, adxudicarase un premio sen dotación económica denominado: Mención Especial ao Mellor Labor de Divulgación da Psicoloxía, que recoñecerá ao medio de comunicación, profesional, programa de televisión, espazo radiofónico ou artigo de prensa que divulgue os valores e coñecementos que achegan á sociedade tanto a Psicoloxía como os seus profesionais.

Os trabajos deberán ter sido difundidos en calquier medio de comunicación do Estado español ao longo de 2025. Os traballos poderán ser presentados no correo electrónico premioperiodismo@cop.es até o 28 de febreiro de 2026. Máis información nas bases do premio