90 anos de radio en Compostela

Do ao

Horario: Luns 30 de xaneiro a partir das 19:30 horas

Lugar: Rúa do Vilar, 19. 15705 Santiago de Compostela

O luns, 30 de xaneiro, a Sección Sociedade da Información do Ateneo de Santiago ten programada unha mesa redonda titulada «90 anos de radio en Compostela», que contará coa participación de Aser Álvarez, xornalista e documentalista, Aida Pena, xornalista da Cadena Ser, e Xosé Ramón Pousa, profesor de radio da USC. 

O acto terá lugar ás 19.30h na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela. O acceso é libre ata completar a capacidade da sala.
 
Máis información aquí.