A comunicación nos festivais de cinema

Do ao

Horario: Sábado 8 de setembro a partir das 11:00 horas

Lugar: Museo Massó. Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu.

Proxecta, Coordinadora Galega de Festivais Cinema, organiza no Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu a mesa redonda A comunicación nos festivais de cinema. O acto terá lugar o sábado 18 de setembro ás 11 horas no Museo Massó de Bueu (Rúa de Montero Ríos, s/n).

A través deste encontro, profesionais da comunicación de diferentes festivais de cinema de Galicia porán en común as súas experiencias e perspectivas sobre o seu labor; abordando as estratexias comunicativas dende o punto de vista da xestión e planificación das redes sociais, da imaxe corporativa, da prensa ou da publicidade en medios.

A actividade, aínda que dirixida ás e aos compoñentes dos equipos de comunicación dos festivais de cinema, estará aberta ao público de forma que outros profesionais de eventos culturais e persoas interesadas poidan reflexionar e tirar aprendizaxes para mellorar a comunicación externa dos seus eventos.