A información no mundo da posverdade
Do ao
Horario: Xoves 9 de marzo das 10:00 ás 14:00 e das 17:00 ás 19:30
Lugar: Sede do Consello da Cultura Galega. Pazo de Raxoi, 2º andar. Praza do Obradoiro, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
Información de contacto:
A primeira das xornadas do foro do Consello da Cultura Galega Pensar o Mundo desde Galicia, coordinada polo catedrático de Xornalismo Xosé López García, abordará a cuestión da información no mundo da posverdade. A xornada terá lugar o xoves 9 de marzo na sede do Consello (Pazo de Raxoi, 2º andar, Praza do Obradoiro, s/n, Santiago de Compostela), en horario das 10:00 ás 14:00 e das 17:00 ás 19:30 horas.
O obxectivo é reflexionar arredor do ecosistema comunicativo actual, o papel da información e as distorsións que provoca a desinformación. Iso implica definir o ecosistema comunicativo, cos seus principais actores, e analizar as diferentes dimensións que introduce a posverdade como porta á reflexión da época actual. A partir do debuxo e análise dese panorama, poñeranse sobre a mesa algunhas das principais investigacións realizadas nos últimos anos sobre estas cuestións, así como as diferentes accións que se propoñen para combater a desinformación.
A xornada desenvolverase segundo o seguinte programa:
Sesión da mañá