Achegas da Psicoloxía Galega 2024

Do ao

Horario: Venres 7 de xuño a partir das 19:00 horas

Lugar: Pazo do Mosteiro. Mosteiro, 14. 36740 Tomiño

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebra o vindeiro venres 7 de xuño, a partir das 19:00 horas, o evento Achegas da Psicoloxía Galega 2024 no Pazo do Mosteiro en Tomiño, no curso da cal entregaranse os III Premios de Comunicación Xoán Vicente Viqueira. 

Ademais, no acto farase entrega tamén do Premio “Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade 2024”, galardón creado para distinguir á persoa, institución ou asociación que teña contribuído ao desenvolvemento da nosa profesión, que recaeu nesta edición en Verónica Boquete, así como o recoñecemento ao Colexiado de Honra, concedido a Xabier Macías Virgós. Ademais, haberá un recoñecemento paraa aqueles/as psicólogos/as que contribuíron á profesión desde os seus inicios e que tiveron como áncora a colaboración coa profesión e aos que levan 25 anos de vida colexial.